11/17/2006

O cabaleiro do amor

Escobar Rodríguez, Oliver, A última bengala, Accésit do XXIII Premio Esquío de poesía. Sociedad de Cultura Valle –Inclán. Ferrol, 2004.
Recesionamos hoxe o libro do xoven poeta de Xove pro non por elo menos sabio no arte da composición poética.
Iste libro mereceu dún destacado xurado o accésit no premio Esquio de poesía, na súa vigésimo terceira convocatoria.
O poeta, Oliver Escobar, tén unha traxectoria poética que é xa de por se sobresaente, e non procura por primeira vez cún de seus libros un premio. Podedes atopar na lapela do libro a novas da súa vida e obra.
Eu trallo –lo eiqui porque gustoume a sua maneira de entender a poesía. E dicir máis, traigollo eqiquí porque o libro que recesione tén un segredo espido pro fondo, que podes palpal-llo coa mao pro non collerlo. Fai – se arduo entender que alguen poda desexar ser cabaleiro do amor e rular por o mondo desfacendo todo –lo que fose unha dificultade para o mesmo.
Marica Campo, da nos o indicio no prólogo, cando conta unha historia do neno que fora o poeta (¿non é o poeta sempre neno?) e siguera a amada que fora noiba doutro. Pro el estaba alí e fora preciso que estivera pra protexer o amor, nin siquera a amada.
Aí un poema que remata ser o principal, que é o poema “máis eu menos”. Nel o poeta revela-nos que “amo máis que vivo”. Se entendemos ben o que din, estaremos na porta do soño: a vida é a tutelaxe do amor, berrando sempre pra obxetualizar a home que sofre e que chegue – lle a nosa axuda, que tamén componese da nosa escritura, por soposto. E mentras o mondo amosase cabrón, dando a volta a todas – las cousas, nos persistimos no modo de ser un home “amo máis que vivo”.
O libro desvela esisi o seú más espido corpo, o de amor, que enche cada ún dos versos que saen da mao do noso xoven autor. Pro non búsquedes neles un lirismo lene e doado, sempre probabel e ben desembravecido, domeado. Non.
Tén o verso o furor do eu que “entende máis quie aluma” e que “soña máis que morre”. Cando o eu sae fora de un mesmo non pode voltar ao eu sen máis, tén que vir coma se fora o’ utro, e máis cando o’utro non é alguen físico senon o mesmo amor.
Ista é a traxedia do home: aprender o amor e saber do door, esquecer o amor e saber da procura do amor. Tén a vida iste xeito contradictorio: que cando máis entendo o amor eu menos soi.
E costa a vida enteira, ben o dín iste xoven poeta, que non remata o poemario coa celebración da nostalxia senon coa celebración da dita contradicción.
E para elo chimpa a última bengala, aquela que escribe nos ceos: amar é vivir a vida enteira aprendindo a amar i eu “son o reloxo que se para na hora do teu desexo”.

No comments: